
Era, sen dúbida, a cabeza de cartel do Campionato de Galicia absoluto que se esta a disputar neste 18 de xullo en Balaídos (Vigo). A saltadora valdeorresa Leticia Gil (Playas de Castellón), actual campioa de España de lonxitude e plusmarquista galega, non defraudaba e impoñíase claramente nesta proba na competición autonómica cun salto de 6.17 m. Ouro galego polo tanto para a atleta natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras).
Este rexistro que supón unha notable vantaxe sobre a segunda clasificada, Lucía Sánchez del Valle (Atlética Lucense), cun lanzamento de 5.67 m. O bronce era para Olaia Gisela (compañeira de club de Leticia Gil), que longraba un rexistro de 5.66 m.
Aínda así, Leticia Gil declaraba que “non mostrei o mellor estado de forma, viña cunhas molestias, entón ía un pouco con medo para saltar, pero como me gusta moito vir a casa e competir aquí, pois para min é un pracer estar neste galego absoluto”.