AletismoDeportesEn portadaÚltima hora

O equipo feminino Sub23 do Adas Cupa, campión de España de clubs de campo a través

O mellor resultado do combinado valdeorrés viña da man de Inés Docampo, que entraba cuarta no nacional nesta categoría

O equipo do Adas Cupa Sub23, no nacional de Soria de clubs de campo a través./ Foto: RFEA.

 

Novo éxito valdeorrés no atletismo nacional. O equipo feminino do Club Adas Cupa do Barco vén de facerse co título de campión de España Sub23 por clubs nunha competición nacional moi igualada no que finalmente as atletas do Adas facíanse co ouro.

O mellor resultado da competición neste categoría viña da man da barquense Inés Docampo, mentres que Sara López era sétima, María Cedrón oitava, Celia Carracedo entrou de 63ª e Lucía Vázquez conseguía o posto 65º.

Neste campionato de España tamén participaban outros dous equipos do Adas, o de relevo mixto (formado por Loreto Pacho, Pacho Garcia, Esther Rodríguez e Sergio Alegre) que se clasificada no posto 12º dun total de 44 nunha gran carrera, e o equipo absoluto masculino de cross longo (integrado por Iván Roade, Alfonso Mendoza, Israel Ropero, Jonathan Díaz, Emilio Pérez e Akka Essadaoui) quedaban de 25º nunha clasificación total de 52 equipos.

 

 

Fotos cedidas polo Club Adas Cupa.

Artigos relacionados

Back to top button