DeportesÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil volve á competición e queda cuarta no Málaga Indoor Match Antequera

A atleta valdeorresa Leticia Gil./ Foto: FGA.

 

Despois de case ano e medio fóra da competición, a atleta Leticia Gil, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), reaparecía nesta fin de semana no Málaga Indoor Match Antequera, que tiña lugar o sábado 13 de xaneiro.

A valdeorresa, que viste a camiseta do Playas de Castellón, conseguía unha cuarta posición en salto de lonxitude, cun rexistro de 6.04, moi preto dos 6.07 da terceira clasificada, Carmen Rosales. Foi a segunda das españolas neste concurso, moi regular con catro saltos válidos en 5 cms. Sen dúbida, un resultado que convida ao optimismo de cara a tempada que inicia agora a valdeorresa.

Leticia Gil é ex-campiona de España absoluta nesta disciplina, tanto ao aire libre como en pista cuberta e ten unha marca persoal de 6,69 m.

Artigos relacionados

Back to top button