DeportesFútbol salaOurense EnvialiaÚltima hora

A valdeorresa Vera Rodríguez volve estar preseleccionada para a Selección Galega de Fútbol Sala Feminina

 

Vera Rodríguez González, xogadora valdeorresa formada na canteira Piz. Tres Cuñados FS que actualmente milita no Ourense Envialia FSF foi novamente chamada pola adestradora Pili Costa para o próximo adestramento da Selección Galega de Fútbol Sala Sub14 Feminina previsto para mañá, martes 9 de xaneiro no Polideportivo Municipal de Reboredo (O Pino) en Santiago de Compostela.

 

 

Este é o segundo ano consecutivo que Vera acode ás filas da Selección Galega FSF, pero este ano máis reforzada tras o seu paso o ano anterior en categoría alevín , e os distintos torneos coa selección ourensá.

Este ano debutou co seu actual equipo na liga galega cunha vitoria fóra de casa, neste caso ante o Chapela, sendo a autora de dous goles e un gran partido. Esta convocatoria é sen dúbida un premio ao traballo, constancia, loita e entrega que esta moza mostra polo fútbol sala.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button