Cunha taza de chocolate ben quentiño. Así celebraban na localidade barquense da Proba o comezo do novo ano.

Na xornada deste frío mércores 1 de xaneiro de 2025, unhas 80 persoas asistían á chocolatada organizada pola Asociación de Veciños As Cancelas que tamén organiza outras xuntanzas veciñais coma o magosto.

Fotos: Sandra García.



