ConcellosManzanedaÚltima hora

A veciñanza de Raigada (Manzaneda) celebra a Romaría de San Paio

 

Dende tempo inmemorial a veciñanza de Raigada (Manzaneda) celebra a Romaría de San Paio. E así o facía tamén na pasada fin de semana. Aínda que o día propio do santo é o 15 de xaneiro, ao coincidir en semana nesta ocasión, celebrábase na mañá do 21 de xaneiro. Os actos relixiosos incluían unha procesión coa imaxe do santo, portada por catro veciños, seguida dunha misa.

 

 

Despois os asistentes compartían doces aportados por eles mesmos, entre eles bica, e non faltaban tampouco os licores. Antano, ao saír da misa era tradicional facer unha subasta de produtos de porco, pero este costume perdíase hai unhas décadas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button