ConcellosO BarcoÚltima hora

A veciñanza do Barco recolle as plantas do programa “Flores no Camiño”

 

A partir das cinco desta tarde de 28 abril comezaba a realizarse a entrega das 600 plantas de xeranio, conchita, surfinia, petunia ou verbena dentro do programa “Flores no Camiño”, promovido pola Concellería de Turismo do Barco para engalanar as vivendas situadas nas rúas polas que pasa o Camiño de Inverno por este municipio.

Unha mesa instalábase na Praza de Abastos do Barco e alí cada unha das persoas que realizaba previamente a súa solicitude procedía a retirar as plantas. En total eran cen as solicitudes que se presentaba no Concello.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button