
Dende o 7 de agosto estase a celebrar ás sete da tarde na capela de San Roque, no barrio barquense do mesmo nome, a novena na honra deste santo. O día grande das súas festas será o vindeiro 16 de agosto cunha procesión coa imaxe de San Roque que sairá ás 12h. dende a capela.
O percorrido habitual da mesma acostuma ser polo barrio, cruzando pola avenida Manuel Quiroga, seguindo pola rúa San Roque para, deseguido, pasar pola praza das Airas e regresar novamente a Manuel Quiroga. Dende aí vóltase á capela, onde se celebrará a misa.