A VeigaConcellosÚltima hora

A Veiga acolle un obradoiro para “dar voz e empoderar ás mulleres rurais”

Será impartido por Laura Fernández en tres sesións (16, 23 e 31 de xuño) na Biblioteca Municipal

 

A través da Concellería de Igualdade e dentro das axudas que recibe polo pacto de estado “Presidencia do Goberno”, o Concello da Veiga organiza para este mes de xuño o novidoso obraadoiro emocional “Namórate da túa vida”, impartido por Laura Fernández (Coach de InCrescendo Colectivo), que se desenvolverá en tres sesións: Resiliencia, Conexión e Creatividade. O primeiro será hoxe, mércores día 16 e os seguintes os días 23 e 31 de xuño, os tres ás 19 horas na Biblioteca Municipal.

Cun enfoque práctico e lúdico as participantes aprenderán a recoñecer as suas emocions, reconectar co seu corpo e confiar nas suas decisions para mellorar a sua vida. O obxetivo, tal como avanzan dende o Concello “é dar voz ás mulleres rurais e axudalas a converterse nese exemplo de empoderamento colectivo, no que nos está esixindo a sociedade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button