En portadaÚltima horaVídeos

A Veiga pon en valor a produción de gando coa III Exposición Agrogandeira Crianza de Trevinca

A mostra reúne un cento de cabezas de gando dunha vintena de explotacións e tamén inclúe demostracións, unha mostra de artesanía ou degustacións

 

Cabalos, ovellas, bois e vacas. Máis dun cento de exemplares de gando, procedentes dunha vintena de explotacións, participan nesta fin de semana na III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, na Veiga. A mostra, que se inauguraba esta mediodía, inclúe ademais unha exposición de maquinaria agrícola contando con maquinaria antiga, recuperada, e doutra máis moderna para o traballo no campo.

 

 

No acto inaugural, no que soaba a ganda de gaitas Real Xuvenil, contábase coa asistencia do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, entre outras autoridades, quen poñía a este evento como exemplo á hora de “recuperar, manter e conservar viva a memoria da tradición rural”. Estivo acompañado polo alcalde da Veiga, Juan Anta, e polo director de Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos. Tamén estaba presente a deputada provincial e delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, o deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, ademais de rexedores das comarcas de Valdeorras, Trives, A Limia e Baixa Limia.

 

 

“Esta feira engloba moitos valores, por unha banda pódese facer unha feira meramente expositiva que non ten ningún retorno, ou unha feira realmente útil, que reflexo o labor realizado ata agora de recuperación de pastizais e de gandeira, en definitiva, encher o rural con vida e, ao mesmo tempo, reivindicar a nosa historia, os oficios tradicionais, as nosas tradicións e iso é moi importante. Saber de onde vimos, modernizar e traballar. E un proxecto que identifica as potencialidades e lévaas adiante, o resultado é magnífico”, dicía Luis Menor. Ademais poñía en valor o papel dos gandeiros na provincia e manifestaba o apoio da Deputación a este sector, “sen eles non sería posible a ocupación do territorio e mantelo nos termos nos que así está”.

 

 

Pola súa banda, o alcalde da Veiga explicaba que esta feira “nace cremos nas nosas raíces, porque queremos saber de onde vimos e a onde queremos ir, porque cremos en xente como os gandeiros que son a alma do territorio e que fan todo por mantelo vivo”. E destacaba que esta feira “é un evento de reivindicación, de que as aldeas seguen con vida se hai xente como a que está hoxe aquí e seguimos loitando”. Así mesmo agradecía a colaboración dos gandeiros e das persoas que colaboran para levar adiante esta feira, así como o apoio da Deputación e da Xunta. Tamén agradecía a presenza de autoridades tanto galegas, como provinciais e municipais, así como da secretaria xeral do PP de Galicia.

 

 

Crianza Trevinca celebrase durante toda a fin de semana. Desde a inauguración e ao longo destes dous días poderá visitarse o recinto onde estará o gando, así como os pequenos produtores e os artesáns. Ademais, haberá unha exposición de carros, apeiros de labranza e xugos. Ademais doutras actuacións musicais, a Real Banda da Deputación de Ourense tamén participo una exposición agrogandeira da Veiga.

 

 

O espectáculo ecuestre incluíase na tarde do sábado. Dúas degustacións de produtos locais e unha cata de viños conforman a parte máis gastronómica da fin de semana. Ademais de todo isto poden visitarse postos de artesanía, alimentación, produtos locais e postos de restauración abertos ao público.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Ampliarase información e fotos.

 

Artigos relacionados

Back to top button