Acometarase en breve unha intervención para recuperar os elementos etnográficos en tres núcleos
Ponte, Pradolongo e Requeixo son os tres pobos nos que o Concello da Veiga acometerá un proxecto de rehabilitación de elementos etnográficos. Con ese fin vén de solicitar unha subvención a Agader, a través do GDR Valdeorras. A obra comezará nos vindeiros días, segundo sinala o alcalde veigués, Juan Anta, e contará cun orzamento total de 33.431,68 euros (máis IVE). Está cantidade estará subvencionada ao 56,5% por Agader.
“A obra inclúe como actuacións principais, acondicionamento do terreo e entorno na área recreativa de Pradolongo, Ponte e Requeixo, incluíndo fontes e lavadoiros”, explica Juan Anta.