A VeigaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga, un belén enxebre ao aire libre con milleiros de detalles

 

Dende minúsculas figuriñas talladas que representan a Xesús, María e Xosé no pesebre, pasando por unha serie de animais dos montes de Trevinca e outros domésticos, ata o mítico personaxe do Apalpador. Dende este sábado 19 de decembro as rúas da Veiga e das súas inmediacións veñen de converterse nun enorme e sorprendente belén enxebre, con milleiros de detalles para admirar e desfrutar, obra dos veciños.

Esta é o segundo Nadal no que se pon marcha esta iniciativa, que tiña unha excelente acollida o pasado ano, e que desta volta seguiu para adiante pese a situación actual de pandemia. Neste xigantesco nacemento ao aire libre a madeira acompáñase, tanto nas figuras como na decoración, con multitude elementos vexetais, cordas, teas, etc.

Fotos: Ares Pérez.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button