A VeigaConcellosEntroido 2023Galerías de fotosÚltima horaVídeos

A Veiga vibra ao ritmo de fulións e comparsas no desfile do Martes de Entroido

 

Malia o ceo encapotado que ameazaba chuvia, este Martes de Entroido A Veiga celebraba por todo o alto o seu desfile de folións e comparsas.

Tal como estaba previsto e baixo a coordinación do Concello coa colaboración de Protección Civil e GES da Veiga, pasadas as 12:30 horas deste martes 21 de febreiro comezaba o percorrido dende a zona escolar ata a praza.

 

 

Abría o desfile o Folión de Penouta e despois ía a comparsa ‘Bosque Máxico’ e a ‘Residencia’. De seguido tocáballe o turno ao Folión de Chandrexa, a comparsa ‘Casas Niño’ e ‘Candea de Viana’, o Folión de Fornelos, a carroza ‘Rapazas da María do Mateo’ e as comparsas ‘A Xuventude de Corexido’ e ‘Troula da Rúa’.

Coma sempre era o Fulión da Veiga quen pechaba a comitiva, guiado polos Charrelos e o Carneiros, facendo vibrar ao público que se xuntaba na praza e ao longo da estrada central da vila.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button