EconomíaEconomíaÚltima hora

Á venda as entradas para a cea popular do CarnaVrao, na Rúa

Celebrarase o 7 de xullo ás 22:30h. coma sempre na rúa Doutor Vila

O ano pasado xuntáronse preto de 700 persoas na cea. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A menos dun mes para unha nova edición do CarnaVrao, na Rúa, a Asociación San Cristóbal pon á venda as entradas para a cea popular coa que se abrirá o programa festivo o venres 7 de xullo.

Tal como informan a través das redes sociais, o custo total da entrada, á venda en Nogueira Decoración, será de 23 euros (1 euros será para a asociación) e celebrarase coma sempre na rúa Doutor Viila a partir das 22.30 horas, incluíndo o sorteo de 500 euros (as rifas custarán 1 euro). Con respecto á venda de entradas, dende a organización adiantan que este ano “non haberá reservas nin devolucións” argumentando que “isto creounos algún que outro contratempo en anos anteriores”. Con todo, aseguran que “isto non quere dicir que non haxa facilidade para adquirir as entradas”, podendo poñerse en contacto coa asociación a través das redes sociais, para calquera consulta ou problema.

 

 

O programa do CarnaVrao 2023 continuará o sábado 8 de xullo co desfile de comparsas pola vila a partir das 20:30 horas con premios para a Mellor Comparsa (200 euros); 2º posto (150 euros); e 3º posto (100 euros); así como para a Mellor Parella (50 euros).

E xa o domingo día 9 terá lugar a celebración na honra a San Cristóbal con misa solemne ás 20:30 horas na igrexa de Fontei e posterior procesión de coches polas rúas de Fontei, Petín e San Roque.

Artigos relacionados

Back to top button