EconomíaEconomíaÚltima hora

Á venda as entradas para a XVI Cea Popular das Festas de San Antón en Fontei (A Rúa)

Cea Popular o ano pasado en Fontei./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un mes despois de celebrar as Festas de Fátima, a localidade ruesa de Fontei terá a segunda cita festiva destacada, o San Antón, cun programa relixioso pero tamén lúdico, que inclúe música e a Cea Popular que este ano chega á XVI edición.

Será o sábado 14 de xuño a partir das 22 horas cun menú a base de entremeses ibéricos, empanada, costela de tenreira con patacas asadas e ensalada, postres, café e chupito.

As entradas custan 23 euros e estarán dispoñible ata o 10 de xuño nos bares O 4, O’Retorno e  Skina.

 

Artigos relacionados

Back to top button