ConcellosPetínÚltima hora

Á venda as entradas para a XXIII Festa da Freba e o Magosto 2024, en Petín

Asistentes á anterior edición á Festa da Freba de Petín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a mañá deste venres 11 de outubro están á venda, nas oficinas do Concello de Petín, as entradas para a XXIII Festa da Freba, que se celebrará o vindeiro 7 de decembro.

As prazas son limitadas e poderán mercarse (18 euros) en horario de oficina ata completar aforo.

A tradicional festa gastronómica de Petín o horario da anterior edición (a partir das 14:30 horas) así como o suculento menú: de primeiro consomé; de segundo chourizos con cachelos e verdura; e como prato forte a freba de porco á grella (ademais de bebida, postre, licores e café).

 

 

Magosto 2024 en Petín

O Concello de Petín poñía tamén hoxe á venda as entradas para o Magosto 2024 que se celebrará o 2 de novembro. Será a partir das 20 horas na Casa da Cultura e, polo simbólico prezo de 1 euro, os asitentes poderán degustar chourizo, pan, viño e castañas.

As estradas estarán á venda ata o martes día 29 de outubro, en horario de oficina, de 9 a 14h.

 

Artigos relacionados

Back to top button