
O Nadal é unha época que lle encanta á Asociación San Cristóbal da Rúa e tras dous anos sen actividade, neste 2022 máis que nunca queren que sexa especial.
Levan semanas traballando na decoración que nestas datas embelecerá a vila e o vindeiro sábado día 10 de decembro celebrarán a Cea de Nadal Cristobalita, de novo no Casino da Rúa. As entradas estarán á venda ata mañá, Día da Constitución, no bar O Corinto ou chamando ao teléfono que aparece no cartel cun prezo de 25 euros (22 para socios).
E trala cea este ano repiten o concurso de playback, con premios de 100 euros ao gañador e 50 para o segundo clasificado, sempre que o concurso chegue a un mínimo de 5 participantes.