En portadaÚltima hora

A VIII Baco Festa celebrarase do 11 ao 13 de agosto na Rúa con Xosé Manuel Merelles como pregoeiro

A lectura do pregón por parte do director da Axencia Turismo de Galicia será o venres ás 20:45 horas

Entrada ao recinto da Baco Festa, no Aguillón da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Rúa segue de troula e tralas Festas de Verán chega a Baco Festa que celebrará a VIII edición na fin de semana do 11 ao 13 de agosto, cun programa que o Concello vén de facer público a través das redes sociais.

Como en cada edición será o encontro-saúdo na Ponte da Cigarrosa o que marque o inicio da festa o venres ás 20 horas, seguido do desfile ata o Aguillón e apertura do recinto feiral coa lectura do pregón a cargo do director da Axencia Turismo de Galicia, o rues Xosé Manuel Merelles Remy, e posterior inauguración da feira. Esa noite a música correrá a cargo da banda Cherry&Ladies (23:30 horas).

 

O rues Xosé Manuel Merelles Remy./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O recinto unicamente abrirá de tarde (20:15h) e contará con postos de comida, bebida e artesanía, ademais das adegas (A Coroa, Alán de Val, Joaquín Rebolledo, Melillas e Fillos, Quinta da Peza, Sampayolo, Cooperativa Virxe das Viñas, Roandi, D’Berna e José Luis Aristegui).

O sábado actuará a banda hispano-británica Soul Tellers; e o domingo, ás 19:15 horas haberá un partido amigable de fútbol entre o CD Rúa e o CD Barco e animación musical polo recinto feiral a partir das 20:15 horas con Os Bregadiers (swing, jazz e rock&roll) e Latexo (percusión).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button