EconomíaEconomíaÚltima hora

A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo celebrarase o 4 de marzo, coma sempre no Hotel Coia

Asistentes á anterior edición da festa gastronómica. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo, o último acto promocional do botelo por esta tempada,  terá lugar o próximo 4 de marzo, coma sempre no Hotel Coia, onde se espera a presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva

Organizada polo Concello do Barco dentro da súa campaña de promoción da gastronomía do Barco, ofrecerase un menú composto por sopa de cocido, empanada de maravallas, botelo e chourizos con grelos e cachelos e, e sobremesa, bica, café e licores. Todo, acompañado de viños de Valdeorras e, de remate, haberá unha actuación musical.

O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo en Vigo é de 32 euros e as reservas  deben facerse de xeito anticipado no teléfono 986 201 820.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button