DeportesÚltima horaVídeos

A vilamartinesa Eva Arias gana a proba dos 1.500 m no galego absoluto de clubs

Esta atleta, que compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, finalizaba a carreira cunha marca de 4:52.68

 

Facía xa moito tempo que a atleta Eva Arias, natural de San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras), non competía na casa. Por iso o feito de participar en Calabagueiros (O Barco) no XXXII Campionato de Galicia absoluto de clubs era dobremente especial para ela. Primeiro por correr nas pistas que foron durante moito tempo as súas, e, segundo, por facelo ademais para homenaxear a Luis Nogueira, tamén vilamartinés, que foi o seu compañeiro de club durante anos.

Ademais, neste regreso Eva Arias Aira, que compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, facíase coa vitoria na proba dos 1.500 metros, cunha marca de 4:52.68. O seu triunfo reportáballe 9 puntos ao seu equipo, que conseguía a medalla de prata na categoría feminina, cun total de 108 puntos.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button