Entre os atletas que participaban na xornada do 11 de xaneiro na Copa Galega de Clubs absoluta en pista cuberta, celebrada en Expourense, estaba a vilamartinesa Eva Arias, que compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
Arias facíase coa vitoria na proba de 1.500 metros, cunha marca de 4:48.26. Ademais participaba na primeira posta do relevo (4v 3v 2v 1v) de 800 m, ode era a primeira en entregar, pero nesta proba a Ximnástica de Pontevedra situábase en terceira posición.
“O cómputo final de probas deulle o maior número de puntos ao noso equipo, o cal nos permitiu gañar esta competición”, resalta a vilamartinesa. Así a Sociedade Ximnástica de Pontevedra facíase co ouro cun total de 80 puntos.