AutomobilismoDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

A vindeira edición da Subida a Valdeorras será campionato de España

 

Nun encontro celebrado pola Escudería Valdeorras na tarde deste 25 de novembro no Casino do Barco para agradecer o apoio e esforzo das persoas que colaboraron na IV Subida a Valdeorras, un emocionado, José Manuel Torres, presidente da entidade, facía pública unha noticia moi especial, entre aplausos. “Pese ás dificultades e atrancos, sacamos adiante a IV Subida a Valdeorras, no Barco, con matrícula de honra. Iso significa que o vindeiro ano imos ser campionato de España”.

 

 

Un recoñecemento, matizaba Torres, non exento de responsabilidade e esforzo xa que “para o ano que vén espéranos moito traballo e tamén implicará diñeiro. Necesitamos xente moi profesional e se vós estades dispostos a aprender, quédannos moitas reunións de formación”.

 

 

No calendario do Campionto de España da Real Federación Española de Automobilismo inclúense unhas 8 probas. A intención da Escudería Valdeorras será tratar de situar a proba máis cara ao verán, pero dependerá tamén da decisión da federación. Así mesmo, o seu obxectivo será traballar para ser unha das dúas mellores citas do campionato nacional, segundo avanzaba Torres.

Durante este encontro da Escudería Valdeorras con colaboradores, que tamén incluía unha petiscada, a directiva da entidade entregáballe unha placa a José Manuel Torres en recoñecemento ao seu labor.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button