DeportesÚltima hora

A vindeira tempada de caza abranguerá desde o 1 de agosto deste ano ata o 31 de xullo do 2022

O DOG publica hoxe a resolución pola que se determinan as épocas permitidas de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por cada especie para a tempada 2021-2022

Publicidade

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para a tempada 2021/ 2022.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural elaborou esta norma que ten como obxectivo “regular outros aspectos como as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na comunidade”.

Segundo se recolle na resolución, a vindeira tempada de caza abranguerá desde o 1 de agosto deste ano ata o 31 de xullo do 2022, establecéndose como período hábil xeral para exercer a actividade o comprendido entre o 17 de outubro deste ano e o 6 de xaneiro do ano próximo, ambos incluídos. Así mesmo, como en tempadas anteriores, considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos, tanto estatais como autonómicos.

A resolución pode consultarse aquí: AnuncioG0532-260421-0005_gl

Artigos relacionados

Back to top button