Galerías de fotosÚltima hora

A visita de Pedro Sánchez ao Barco, en imaxes

 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, viaxaba esta tarde ata a comarca de Valdeorras para visitar algunhas zonas afectadas polo incendio forestal, iniciado o pasado xoves en Riodolas (Carballeda) e que arestora continúa activo, tras queimar unhas 7.500 hectáreas dos municipios do Barco, Carballeda e Rubiá.

 

 

Pedro Sánchez visitaba Alixo (O Barco), unha aldea na que entraba o lume na tarde do domingo e queimaba ata 15 casas. Tamén se achegaba ata o posto de mando avanzado de Viloira (O Barco). Nesta visita estaba acompañado pola ministra para a Transición Ecolóxica, polo presidente da Xunta, polo conselleiro do Medio Rural, polo delegado do Goberno en Goberno en Galicia e polo alcalde do Barco, o subdelegado do Goberno en Ourense ou o delegado da Xunta en Ourense, entre outras autoridades.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

O presidente do Goberno no posto de mando avanzado, en Viloira (O Barco)./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button