ConcellosO BoloÚltima hora

A visita do bispo de Astorga polo arciprestado de Galicia rematará nas Ermitas o domingo

Santuario das Ermitas (O Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A visita pastoral que o bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández comezaba o 15 de xaneiro polo Arciprestado de Galicia na Unidade Pastoral da Rúa, está a chegar á súa fin. O vindeiro domingo 25 de xuño, desde as 18:30h no Santuario das Ermitas (O Bolo) levaranse  a cabo os actos de clausura aínda que continúe coa visita ás parroquias que lle faltan por percorrer.

O programa de actos desta visita ao santuario comezará ás 18:30h. co rosario dirixido por diferentes fregueses que representan cada concello da zona. Ás 19:00 h. oficiarase a eucaristía coa recepción do Sacramento da confirmación de varios mozos da zona.

Finalmente ás 20:00 h. será a festa de clausura: cunha convivencia con todos os fregueses asistentes que representan cada unha das parroquias visitadas polo bispo e animada polo Grupo de Gaitas do Bolo. Diferentes testemuños sobre Terra Santa, mozas que recibiron a Confirmación e a propia Visita Pastoral.

Artigos relacionados

Back to top button