ConcellosEntroido 2023ManzanedaÚltima horaVídeos

A visita do Fulión da Mourela p’acá a Raigada, en imaxes

 

Con forza arranca este Entroido nas terras de Manzaneda. A falta dun mes para as datas centrais da festa o toque do fulión xa enche as noites, acompañado polas danzas das Mázcaras . O Fulión da Mourela p’aca realizaba nesta fin de semana unha nova saída, desta volta para visitar Raigada.

 

 

A ronda, como de costume, iniciábase coa solicitude en verso de permiso para poder tocar, concedida de inmediato polos veciños de Raigada. Despois, a voz de bombos, cornas e sachos envolvía esta aldea, cuxos veciños gozaban coa fermosa danza das Mázcaras.

Tras a ronda, a veciñanza agradecía a visita do fulión cunha cea para os seus integrantes.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button