DeportesÚltima hora

A Volta a España, por terras ourensás

A penúltima etapa desta competición ciclista sairá de Parada de Sil
Imaxe dunha edición anterior da Volta Ciclista a España ao seu paso pola provincia./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe dunha edición anterior da Volta Ciclista a España ao seu paso pola provincia./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Volta comezaba o 23 de agosto en Jerez de la Frontera (Cádiz) e rematará o 14 de setembro en Santiago de Compostela. Entre medias, 21 etapas, cun percorrido total duns 3.239,9 quilómetros. Cinco das etapas son chairas, trece de media e alta montaña, unha de contrarreloxo por equipos, e dúas de contrarreloxo individual.

Nesta ocasión o percorrido é atípico, sen paso polos Pirineos nin os montes andaluces e remate en Compostela, en lugar da capital. A volta si tocará a provincia de Ourense, aínda que de refilón, o 13 de setembro, na etapa 20ª: Santo Estevo de Ribas de Sil-Porto de Ancares.

De feito a penúltima etapa, é unha das máis importantes, cun percorrido deseñado coa esperanza de que a carreira se decida nos Ancares, unha subida lucense que era case unha petición popular da afición. 12,7 quilómetros ao 8,7%, cunha pendente máxima do 18%. O pelotón correrá por unha zona inédita nunha xornada dura e exigente. O perfil presenta dous puertos de terceira categoría, un de segunda categoría, un de primeira categoría e un de categoría especial.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil)

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button