A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Volta Ecolóxica volve encher de cor, humor e festa A Rúa Vella

 

É unha das actividades máis esperadas do programa das Festas de San Roque que se están a celebrar na Rúa Vella, e como vén sendo habitual, volvía a sorprender e a reunir a multitude de persoas.

 

 

Así, pasadas as 19h. da tarde deste 20 de  de agosto, numerosas de todas as idades, saían en bicicleta e disfrazadas de xeito moi orixinal dende a praza César Conti ata completar o vistoso percorrido no campo de San Roque. A comitiva ía encabezada por un vehículo da Policía Local da Rúa e xa na parte final da volta, ían os voluntarios da Agrupación de Protección Civil ruesa.

 

 

Esta iniciativa orixinal iniciativa nacía hai décadas como protesta contra os desastres medioambientais e os maltratos ecolóxicos e hoxe mantense, ademais, como unha divertida actividade familiar na que os pais, tíos e mesmo avós, acompañan aos nenos en engalanadas bicicletas, percorrendo con todo tipo de disfraces, boa parte da Rúa Vella. Despois de dous anos de parón por mor da pandemia, a Volta Ecolóxica volvía rexurdir neste sábado na Rúa Vella.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button