
Faltan máis de dous meses para as Festas de San Roque, na Rúa Vella, pero dende a Asociación Sabugueiro están xa traballando nas actividades que organizan para desfrute de veciños e visitantes.
Unha delas é o concurso Got Talent que chega este ano á IV edición, para todas as idades. Celebrarase o venres 22 de agosto e dende a asociación buscan xa candidatos.

Para participar, todo aquel que teña algún talento e queira, ten que enviar ao 660 246 262 e antes do 15 de agosto, un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que demostre todo o seu arte. Os seleccionados actuarán no Campo de San Roque, no marco das festas.
Igual que o ano pasado haberá tres premios por categoría. Na infantil (-13 anos), 1º premio de 100 euros (vale negocio local), 2º premio de 50 euros (vale negocio local) e 3º premio de 25 euros (vale negocio local); e na adulto (+ 13 anos), 1º premio de 300 euros, 2º de 150 e 3º de 75 euros.



