A GudiñaDeportesSen categorizarÚltima horaViana do BoloXinzo de Limia

A “Vuelta 2020” terá 2 etapas na provincia e pasará por Xinzo, Verín e A Gudiña

A Volta a España ao seu paso pola provincia de Ourense nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A “Vuelta a España 2020” xa ten percorrido definitivo. Estará formada por 18 etapas (8 de media montaña e 5 de montaña) e cobrirá unha distancia total de 2.892,2 quilómetros dende o martes 20 de outubro ata o domingo 8 de novembro.

Finalmente, dúas desas etapas pasarán pola provincia de Ourense. A primeira será a número 14 (Lugo-Ourense) prevista para o 5 de novembro, cunha distancia de 205.8 km e de media montaña.

 

 

A segunda será a etapa 15 (Mos-Puebla de Sanabria), chaira e de 234,6 km. Pasará por localidades como Xinzo de Limia, Verín e A Gudiña.

 

 

“Debido á situación de excepcionalidade provocada pola crise sanitaria mundial do Covid-19 e, ante a imposibilidade de celebrar, nas mellores condicións, o paso da Vuelta 20 por Portugal: Unipublic procedeu a reconfigurar o percorrido da carreira, substituindo as dúas sedes portuguesas por cidades españolas”, segundo informa a organización desta carreira.

 

Artigos relacionados

Back to top button