ConcellosO BarcoÚltima hora

A X Festa do Botelo do Barco na Coruña reunirá mañá a preto de 250 persoas no Hotel Finisterre

O xantar estará precedido dun Túnel do Viño organizado en colaboración co Consello Regulador da DO Valdeorras

 

Mañá, sábado 8 de febreiro, celebrarasese no Hotel Finisterre a X edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña, organizada polo Concello do Barco. Nesta edición, ademais da comida co botelo como protagonista, celebrase un Túnel do Viño dirixido por expertos sumillers do equipo de Luis Paadín, en cuxa celebración colabora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O menú da comida está composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal, composto de botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica. Todo, servido con viños godello e mencía de Valdeorras, e rematado con café e selección de licores de Valdeorras.

 

 

As actividades comezarán ás 13 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño, no que se presentarán referencias de máis de 30 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, baixo o asesoramento de dous expertos sumilleres. Ás 14 horas comezará a entrada ao comedor, co fin de que o xantar se sirva desde ás 14:30 horas. A partir das 16:45 horas haberá música en directo no propio restaurante.

O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña foi de 55 euros por persoa,  incluíndo a participación no Túnel do Viño. O próximo 8 de marzo celébrase a última Festa do Botelo do Barco deste ano, no Hotel Coia de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button