En portadaÚltima hora

A X Noite Branca do Barco CCA enche de xente as rúas e os comercios da vila

 

Cunha decoración especial, marcada polo branco e con alfombras verdes, e diversos petiscos e bebidas eran recibidos os clientes que esta tarde percorrían os establecementos participantes na X Noite Branca do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Ofrecían ademais interesantes descontos en artigos de tempada que atraían a multitude de persoas entre as 20h. e as 23h., xerando un ambiente moi animado nas rúas comerciais da vila e nos locais.

 

 

Os establecementos participantes nesta edición eran Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can Can, Casabella, Confecciones Pili, D´Chus, Deportes y Bicis Chapi, Eneska, Estética Pamen, Foot on Mars (TriSport), Garoba, Koki, L´Araña, Laurarte, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Miranda, Miss Tic, Moda Anímate, Modas Toño, N37, Nós, O Bambán dos Sorrisos, Palpie, Pizpireta, Trios 2.0, Zapatería Moral.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button