En portadaÚltima hora

A XIII Ruta de Pinchos do Barco, con 13.556 petiscos servidos, dá a coñecer aos seus premiados

O primeiro premio recaía no Piquiño, o segundo no Bar Bailarín e o terceiro na Cafetería Zig Zag

 

Moi positivo é o balance que fai a organización da XIII Ruta de Pinchos O Barco vai de viños, que se desenvolvía do 12 ao 20 de xaneiro na vila, coa participación duns 20 locais de hostalaría. Nesta mañá os promotores da iniciativa, Aeva e o Concello do Barco coa colaboración do CCA, facían públicos os datos de participación deste ano e tamén os premios. Así servíanse 13.556, 4.556 petiscos máis que no 2023. “Polo que se conclúe que foi unha roteiro de gran éxito e participación na que tódolos establecementos se volcaron na calidade dos seus petiscos e sen excepción traballaron con gran dedicación”, indica a organización.

Segundo a votación dos participantes, xa que desta volta non había xurado profesional, son os seguinte:

1. Primeiro premio e gañador: Restaurante O Piquiño – (Petisco: mexillón3) Zona Godello
2. Segundo premio: Bailarín – (Pestico – A Medalla) Zona garnacha
3. Terceiro premio: Zig Zag – (Petisco: Niño do Puli) Zona Sousón

Os galardoados recibían culleres de madeira de Artesanía Enxebre.

 

 

Tamén se presentaba o ganador do cuarto premio destinado ao público. Era o resultado dun sorteo das fotos subidas as redes sociais cos hashtag #vaideviños24 ou #obarcovaideviños24. Tratábase de Laureano García Rodríguez, ao que se lle facía entrega dunha cesta de produtos da Tenda da Rita, e recollía a súa dona.

Así mesmo coñecíase o nome dos ganadores das catro ceas que se sorteaban, esta mesma mañá durante a rolda de prensa, entre os participantes da ruta (dous no Restaurante O Piquiño, unha no Pazo do Castro e unha no Fernando III). Estas ceas eran doadas por Distribuciónes Anger, Distribuciónes Roca, Exclusivas Morales e Adegas D´Berna.

Os ganadores eran: Ismael Palla Vega, Jorge Rodríguez Afreijo, María Rebeca Delgado e Fernando Valcarce Arias.

 

 

Venderonse segundo vos datos dados polos estabrecementos 13.556, 4.556 petiscos máis que non 2023. Polo que se conclúe que foi unha roteiro de gran éxito e participación na que tódolos estabrecementos volcáronse na calidade dúas seus petiscos e sen excepción traballaron con gran dedicación.

Dos 21 estabrecementos rexistrados finalmente puideron participar 20, un deles non puido facelo por ao non ter logrado realizar a apertura do local nas datas da celebración da ruta.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button