CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A xira ‘Viaje de Vida y Vuelta’ de Andrés Suárez chega a Ourense o 20 de abril

Andrés Suárez.

 

A historia de Andrés Suárez é un claro exemplo de ata onde pode levar a combinación de constancia e talento. Dos bares de Ferrol a encher o Wizink Center madrileño. Esa frase resume a traxectoria deste cantautor galego que hai unha década foi tocar ao metro da capital e actualmente abarrota tanto teatros como espazos míticos para a música como o antigo Palacio dos Deportes de Madrid ou o de Vistalegre.

Ao longo da súa traxectoria musical foi consolidando o estilo dun artista que non renega do concepto de cantautor, pero si do que de aburrido e caduco teña para unha parte do público. É cantautor, pero tamén transgresor.

 

 

O pasado 4 de novembro estreaba o seu novo sinxelo Será, adianto do seu novo traballo que saía en febreiro deste mesmo ano titulado Viaje de Vida y Vuelta, como “unha declaración de intencións cara a un futuro que, que queren que lles diga, apetéceme bailar”, asegura o artista galego.

Andrés Suárez chega a Ourense, o primeiro destino galego da súa xira, que percorrerá toda a xeografía española e parte de Latinoamérica. Será o vindeiro 20 de abril ás 2 horas no Auditorio Municipal de Ourense.

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button