
Agora si. Tras dous anos de ausencia por culpa da pandemia, a Asociación Sabugueiro recupera a tradicional Festa da Empanada de Costrelas.
Con moito pesar, no mes de decembro de 2021 tomaban a decisión de aprazala coa idea de volver con máis ganas e forza, e por fin xa hai data para a XIX edición. Será no campo de San Roque o sábado día 16 de abril a partir das 14 horas co menú de sempre: empanada de costelas, sopas de allo, torta de roxóns, café e licores. Para a ocasión contarán cunha carpa climatizada e baños portátiles e o fin de festa correrá a cargo de Danzalia Disco Show.
As entradas (16 euros) estarán a venda ata o 14 de abril nos seguintes establecementos: Bar San Roque; Peluquería Esencia; Bar O’Novo Café (praza); O Colmado; O Café; Mapfre; Cervecería; Fisioval; e Panadería Lorenzo. Pódense reservar prazas, indicando o número, no seguinte número de teléfono: 686 655 936.
A cita gastronómica conta coa colaboración do Concello da Rúa, da Deputación de Ourense, de Mantesil e de Panadería Lorenzo.