
A XXXI Festa de Exaltación do Pan de Cea celébrase mañá, domingo 7 de xullo, no Campo da Saleta en San Cristovo de Cea. Como en cada edición, a degustación do pan será a protagonista da xornada, na que se porán á venda 1.500 pezas.
O pregón, que será ás 13 horas, correrá a cargo da xornalista e presentadora ourensá, Lucía Rodríguez, que ten traballado en distintos medios de comunicación como Onda Cero, Antena 3 Televisión, La Sexta ou TVG, onde traballou en distintos programas e onde presenta actualmente o programa “Sabadeando”.
Unha vez finalizada a súa intervención, ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade e a entrega de agasallos dos colaboradores.