OurenseÚltima hora

A Xunta e o norte Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles na fronteira

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solicita que se teñan en conta as peculiaridades das áreas transfronteirizas nos controis e na limitación de mobilidade

Fronteira con Portugal pasando A Mezquita, na provincia de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante a situación que se está a xerar na “raia” polo peche das fronteira entre España e Portugal, a Xunta e o Norte de Portugal veñen de manifestar, a través de nota de prensa, que, “dada a situación sanitaria por mor da extensión da pandemia neste momento, motivada pola necesidade de poñer freo á pandemia, en especial agora que a cepa británica –de enorme potencial contaxiador- parece estar moi estendida en Portugal, se plantexe o control e limitación do cruce das fronteiras para contribuír a frear a propagación por outras zonas”.

Aínda así, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal demanda que “as peculiaridades das áreas transfronteirizas deben ser tidas en conta á hora de poñer en marcha estas medidas, para limitar no posible o impacto negativo que poden ter tanto na economía como na vida cotiá dos habitantes da raia”.

Así, a Xunta indica que, “se polas consideracións sanitarias cómpre limitar a mobilidade entre Galicia e Portugal, xa moi diminuída na actualidade, requírise que, aínda con todos os controis necesarios para controlar a expansión do Covid-19, se manteñan abertos os máximos pasos posibles, para que non se repita a situación creada o ano pasado, cando os traballadores trasfronteirizos se viran obrigados a realizar grandes desprazamentos, debido aos poucos puntos de cruce permitidos para cruzar a fronteira”.

O goberno galego entende que o “mantemento só dos puntos de cruce de Verín, na ponte da autoestrada de Tui e unhas horas ao día o de Salvaterra -das 08,00 ás 10,00 horas e das 19,00 ás 21,00), supón volver ao peor momento do ano pasado, cando o peche das fronteiras orixinara atrancos na circulación e retrasos e prexuízos aos traballadores transfronteirizos”.

Artigos relacionados

Back to top button