CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

A Xunta permite dende hoxe a asistencia de público a estadios e pavillóns

A Orde publicada no DOG indica que poden acceder un máximo de 250 persoas nas instalacións interiores e 500 nas exteriores sin pasar do 30% da capacidade

Público accedendo ao Estadio Municipal de Calabagueiros, no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pouco a pouco vanse relaxando as restriccións, de maneira escalonada en función da incidencia de cada área sanitaria, tamén no ámbito deportivo.

Así, segundo a Orde da Consellería de Sanidade de 25 de febreiro de 2021 publicada onte no Diario Oficial de Galicia na que se actualizan as medidas de prevención específicas contra a pandemia, o público poderá vover aos campos e pavillóns, sempre cumprindo os protocolos e o distanciamento de 1,5 metros e cunhas condicións lóxicas de aforo. Desde hoxe poderán asistir ás competicións deportivas o 30% da capacidade da instalación, cun máximo de 250 persoas no caso das instalacións interiores e de 500 nas exteriores.

A este respecto, que afecta de forma especial ao fútbol, dende a Federación Galega aseguran que “non se cubren as expectativas de todos, pero é un primeiro paso moi necesario. Sen dúbida, unha gran noticia para os clubs, que están a realizar un extraordinario esforzo por cumprir de maneira escrupulosa os protocolos e todas as restriccións impostas polas autoridades sanitarias. Todo sempre cunha gran comprensión porque todos temos claro cal é a prioridade: salvagardar a saúde”, apuntan.

Un dos clubs especialmente afectado é o CD Barco que precisamente este domingo xoga fóra, polo que Calabagueiros terá que esperar aínda unha semana máis para poder acoller aos afeccionados do club vermello.

 

Artigos relacionados

Back to top button