CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

A xuntanza de Nadal das Escolas Deportivas do CD Trives e de Viana reúne a unhas 150 persoas

 

Moi animada e concorrida estivo a xuntanza de Nadal que, na tarde do martes 19 de decembro, reunía no pavillón municipal da Pobra de Trives aos nenos das Escolas Deportivas do CD Trives e das Escolas Deportivas de Viana do Bolo.

No encontro, que reunía a unhas 150 persoas entre cativos, familiares e monitores, disputábanse tres partidos. O dos máis pequeniños, os prebenxamíns, resolvíase co 9-1 para os triveses; o dos benxamíns co 4-3 tamén para os de Trives; e o dos alevíns cun empate a 5.

 

 

Con todo, o resultado foi o de menos. O importante é manter unha tradición de Nadal iniciada xa o ano pasado, para que os pequenos de ámbolos dous concellos poidan xogar e demostrar que o rural segue vivo. “Conseguir xuntar a ese número de xente un día de semana pola tarde é moi importante e demostra que nos pobos tamén facemos cousas”, asegura o presidente do CD Trives, Javier Carballo.

Xogar xogaron e tamén desfrutaron, recibindo ademais un obsequio por parte da Librería Cova que conta con nova xerencia.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button