Falta máis dun mes para as datas centrais pero Petín abría oficialmente o Entroido 2025 na tarde deste sábado 1 de febreiro coa primeira xuntanza de folións.
Organizada polo Folión de Petín, comezaba pasadas as seis e media cun percorrido dende o Centro de Saúde ata a praza Doutor Quiroga, logo de percorrer parte do casco vello. Abrían o desfile os anfitrións, o Folión de Petín e pechábao o Folión da Veiga, e entre medias, Os Viticultores de Vilamartín, o Folión do Tameirón, o Folión de Chandrexa de Queixa e o de Carracedo da Serra.
Controlando o desfile que remataba tocando todos xuntos, estaba Protección Civil de Petín.
Fotos e vídeos: O SIL