Despois do desfile pasado pasado por auga na Veiga, pasadas as tres da tarde do Martes de Entroido chegaba a hora do xantar. E nada mellor que unha sopiña quente e un prato completo a base de soá, lacón, chourizo, patacas e garabanzos, todo regado con viño. De postre as tradicionais orellas de Entroido, café e licores. Foi o menú que degustaron as máis de 600 persoas que asistían á XVI edición da Festa da Soá.

Entre eles todos os participantes no desfile e tamén veciños da vila e contorna, así como autoridades políticas (moitos alcaldes e representantes dos concellos de Valdeorras co alcalde da Veiga Juan Anta, á cabeza. A esta edición do xantar tamén asistía a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
Celebrado no pavillón deportivo Terras de Trevinca, o menú do xantar foi un ano máis elaborado e servido por Mantesil.
Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información e fotos do desfile do Martes de Entroido na Veiga, no seguinte enlace: https://osil.info/comparsas-e-folions-retan-un-ano-mais-a-chuvia-no-desfile-do-entroido-na-veiga/