ConcellosLaroucoÚltima hora

A XVI Festa do Cordeiro de Larouco será o 6 de maio a partir das 14 horas

Cordeiro asado.

 

A gastronomía e a música serán un ano máis os protagonistas da Festa do Cordeiro de Larouco que neste 2023 recupera a sua data orixinal e celebrará a XVI edición o vindeiro 6 de maio. Ese día a partir das 14 horas celebrarase no pavillón municipal o xantar, servido por Mantesil, cun menú a base de entremeses, empanada, cordeiro con ensalada, postre, café e chupitos.

A entrada custará 20 euros para os adultos e 10 euros para os nenos ata os 10 anos e poderán mercarse ata o 4 de maio en todos os negocios de Larouco, no Bar Maruxa de Freixido, na Carnicería Nogueira da Rúa, e na tenda de deportes Foot on Mars e na Ferretería Panorama no Barco de Valdeorras. As reservas, no teléfono 988 348 002 ou no correo electrónico concellolarouco@gmail.com.

A festa contará con animación a cargo da Asociación Musical CLK Charanga, da Asociación Cultural Os Bertolini e da A.C.A Caniceira. Ademais, habrá colchonetas gratis para os máis cativos e un showcooking para 30 persoas, previa inscrición no Concello, na que se elaboraran e debutarán 3 pratos con cordeiro e castañas como ingredientes principais.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button