CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A XVI Mostra de Corais de Viana do Bolo reúne a tres agrupacións na Casa da Cultura

 

Coa mesma ilusión e ganas de sempre, o Orfeón Vianés organizaba a XVI Mostra de Corais de Viana do Bolo que trala anterior edición celebrada no mes de novembro por culpa do Covid, regresaba neste 2022 á súa data orixinal, en pleno mes de agosto, dentro do programa cultural da vila.

O evento musical tiña lugar na tarde-noite do domingo 7 de agosto na Casa da Cultura da vila, coma sempre arroupado por numeroso público e, presentado por integrantes do Orfeón Vianés, reunía a un total de tres formacións corais, cada unha das cales interpretaba varios temas.

 

O Orfeón Vianés en plena actuación.

 

O Orfeón Caldelas interpretaba Alma, corazón y vida (vals criollo con arranxos de Antonio Ezcurra; Unha noite no muíño (Ángel Viro); Naranjitay (tradicional boliviano con arranxos de Luis Craff); e Pinga von Limão (Wagner Franklin). No caso de Auria Canta cantaban Tireiche unha laranxiña (popular con arranxos de Javier Busto); Balaio (popular de Brasil con arranxos de Heitor Villalobos); Teu nome por mar e terra (Guadi Galego e Xabier Díaz con arranxos de Rut G.G.); e De colores (popular de México con arranxos de Josu Elberdin).

O último en actuar era o anfitrión, o Orfeón Vianés, que cantaba La bella Lola (habanera); Xa non sei cantar (Lérez Bernal); La sirena (habanera de Rey Rivero); e A Virxe do Portobello (Manuel de Dios). De forma conxunta, as tres corais interpretaban O Carro de Ángel Viro, e coma sempre a mostra finalizaba, entre aplausos, coa entrega de agasallos aos participantes.

Este encontro estaba organizado polo Orfeón Vianés coa colaboración do Concello de Viana do Bolo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button