EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A XVII Festa da Empanada de Costrelas da Rúa supera expectativas

350 persoas asistiron á cita gastronómica coa que a vila despediu gastronomicamente o ano

Cada ano vai a máis. A Festa da Empanada de Costrelas supera expectativas en cada edición e este ano foron 350 as persoas que se ahegaron ata o Campo de San Roque no mediodía do 29 de decembro, despedindo gastronomicamente o ano 2018.

Organizada pola Comisión de Festas de San Roque, a festa correu un ano máis a cargo de Mantesil, encargado de parte do menú no que se empregaron 200 litros de sopa de allo, 50 empanadas de costelas elaboradas por Panadería Lorenzo e preto de 30 tortas de roxóns, ademais de viño, auga e licores. Despois do xantar, a sobremesa estivo amenizada musicalmente pola renovada disco móbil Danzalia, da Rúa.

A organización ofrecía a posibilidade de reservar mesa e a maioría dos asistentes contaban xa co seu servizo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button