ConcellosEntroido 2023TrivesÚltima hora

A XVIII Xuntanza de Folións de Trives, en imaxes

 

Coa praza do Reloxo de Trives ateigada de público mentres soaba o toque do Folión de Fradelo (Viana do Bolo) e os Boteiros abrían paso, entre carreiras, finalizaba pasadas as sete desta tarde a XVIII Xuntanza de Folións de Trives, promovida pola Asociación Os Labregos en colaboración co Concello.

 

 

Este encontro reunía a numerosas persoas de ata 13 folións, catro deles da vila, e os restantes chegados de concellos como Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Manzaneda, de Petín, A Veiga, Chandrexa de Queixa, Vilamartín ou de localidades como Carracedo da Serra (A Gudiña) e Buxán (O Bolo).

 

 

No seu percorrido a organización contaba coa colaboración das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, Viana do Bolo e coa de Trives, que velaban pola seguridade xa que o desfile cortaba en certos momentos a estrada que percorre o centro da vila.

 

Foto: A.R.

Ao longo do percorrido veciños de Trives e visitantes seguían esta singular comitiva que enchía a vila dos ritmos e manifestación do Entroido de diferentes partes do oriente ourensán.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información, fotos e vídeos:
https://osil.info/os-ritmos-mascaras-e-danzas-do-entroido-do-oriente-ourensan-toman-trives/

 

 

Foto: A.R.

 

Foto: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button