EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A XXIII Feira do Viño de Valdeorras supera as expectativas da organización

Aumentou nun 20% o número de asistentes con respecto ao 2019 logrando atraer a xente máis xove

Público na xornada do sábado./ Foto: A.R.

 

As elevadas temperaturas que se rexistraron durante toda a fin de semana fixeron que a XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras desafiara á calor, congregando na Praza de Viloira a numerosas persoas.

“Calculamos que a asistencia creceu nun 20% con respecto ao ano 2019, o anterior á pandemia, e que unhas 8.000 persoas pasaron nalgún momento da fin de semana polo recinto feiral”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando. “Ademais, conseguimos atraer a numeroso público cun rango de idade comprendido entre os 20 e os 30 anos, que antes da pandemia escapábasenos. De feito, era unha das nosas materias pendentes”, abunda García Pando.

O presidente do Consello Regulador tamén fai fincapé no éxito das catas que se celebraron como actividades paralelas nos xardíns da Casa Grande de Viloira e que completaron o seu aforo en todos os casos.

Artigos relacionados

Back to top button