ConcellosQuirogaÚltima hora

A XXIII Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase o 14 de maio

Demostración de elaboración tradicional de aceite nunha edición anterior desta mostra quiroguesa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Vén de reunirse a Comisión organizadora da XXIII Mostra do Aceite de Quiroga, que nesta primeira xuntanza fixou a data na que se celebrará este evento, o domingo 14 de maio.

A Mostra do Aceite desenvolverase, como sempre, no lugar das Farrapas, en Bendilló, onde a recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais desta xuntanza.

En vindeiras reunións desta comisión, coordinada por Manuel Mondelo e José Manuel Pol, seguirase perfilando o programa desta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014.

Artigos relacionados

Back to top button