EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

A XXIV Festa das Covas de Vilamartín celebrarase o 6 de agosto

 

Superado xa o peor da pandemia e tras dous anos de parón, a Festa das Covas de Vilamartín volverá con forza no mes de agosto.

A XXIV edición será coma sempre no primeiro sábado do mes, nesta ocasión o día 6, e a organización (a Asociación de Coveiros de Vilamartín en colaboración co Concello) traballa xa a pleno rendemento para recuperar na medida do posible o formato das anteriores edicións. De feito para o venres día 5 está xa previsto o pregón.

 

Interior dunha cova en Vilamartín de Valdeorras.

 

A Festa das Covas é unha celebración lúdica e enogastronómica que reúne en cada edición a miles de persoas en torno ao viño, ao pinchos e ás covas, tradicionais formacións excavadas no chan.

Irase ampliando información a medida que se vaian confirmado datos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button