ConcellosO BarcoÚltima hora

A XXXI Semana de Cine do Barco homenaxeará á ruesa Cristina de la Torre

Estenderase do 26 de agosto ao 3 de setembro e incluirá filmes en galego, de actualidade, en español e infantís

 

Co obxectivo de chegar aos 50 anos, a Semana de Cine do Barco, organizada polo Cine Club Groucho Marx celebrará este ano a XXXI edición, coma sempre cun completo programa que se estederá do 26 de agosto ao 3 de setembro.

A presentación tiña lugar na mañá do 19 de agosto na entrada do Teatro Lauro Olmo do Barco, a sala onde se proxectarán os filmes, diante da exposición ‘A musica de cine. B.S.O. en vinilo’ que complementa o programa. No acto, o presidente do cine club José María Rodríguez, estivo acompañado pola concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, e a homenaxeda deste ano, a ruesa Cristina de la Torre a quen lle adicarán a butaca de honra no acto inaugural que terá lugar o venres 26 de agosto ás 20 horas.

 

Cristina de la Torre, butaca de honra 2022 da Semana de Cine do Barco.

 

Cristina é licenciada en Historia con Máster en Medios de Comunicación e conta cunha dilatada traxectoria no eido audiovisual, sendo dous os motivos principais que levaron a José María a elixila para formar parte do selecto grupo de persoas con butaca de honra no TLO entre os que están Xacio Baños ou Luis Nogueira. “Crsitina ten a honra de ter conseguido a segunda mellor taquilla en Valdeorras con ‘Santoalla’ e mantívonos en contacto co cine que se fixo en Valdeorras e Galicia a través das redes, durante o confinamento”, dixo José María, ao que Cristina respondía cun sinceiro agradecemento “por lembrarvos de Versión Valdeorras, festival de cinema online cando non se podía saír da casa. Se hai algo que pode unirnos aos valdeorreses é a creatividade e o talento transversal, algo que se vei nas películas que se fixeron aquí e nas que colaboraron porque non sei fan nun único sitio e falan do noso territorio e da nosa identidade como comarca”, asegurou, agradecendo tamén a concellos coma O Barco ou A Rúa, que manteñan as salas de cine, co custe que iso implica “porque manter viva a cultura, aínda que non sexa rendible, é máis importante que os cheque bebé”.

 

 

A concelleira de Cultura pola súa banda, reatificou unha vez máis o seu agradecemento ao Cine Club Groucho Marx e por ende a José María por manter esta iniciativa. “O Barco ten cine grazas a el, tanto de cine club como de cine comercial”, dixo Marga, adiantando que “iremos a polos 50 anos, claro que si”.

Con respecto á programación, a XXXI Semana de Cine está enfocada aos problemas sociais de toda índole e conta con sección de cine en galego (A Man Invisible, curta do barquense Guti González que estreará no Barco; e Santoalla que se proxectará no acto inaugural); Cine de actualidade (A brigada da cociña; Ennio: o mestre; Flee; A última película; e Drive my car); cine español (Isósceles de Ignacio Nacho, compañeiro de José María en Dragón Blanco; e Alcarràs); e cine infantil (O universo de Óliver; Belle; O secreto de Vicky; e Mirai).

A semana rematará coa presentación, o sábado 3 de setembro ás 20 horas, do libro de Antonio Castro Voces ‘Quereño, un pobo singular’.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button