ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A zumba envolve a “Noite Branca” do Barco

Publicidade
As alumnas das Escolas Municipais de Deportes realizaban unha exhibición “summer” na tarde do 23 de xuño

Ante numerosas persoas comezaba pasadas as 21:30h. na praza Andrés de Prada a exhibición de “zumba summer” que ofrecían as alumnas desta modalidade das Escolas Municipais Deportivas do Barco. As primeiras en poñerse a bailar eran as alumnas máis xoves, as de 5 a 9 anos, ao ritmo do “Bang Bang” de Ariana Grande, e dirixidas pola súa profesora Valentina.

Logo saían as alumnas de entre 10 e 16 anos e, a partir de aí, as maiores interpretando pezas como “Gente” ou “Lo Malo”, nunha exhibición que se prolongaba máis dunha hora. Esta actividade, que se vén a convertir en escaparate do traballo realizado ao longo do curso nas clases de zumba, estaba enmarcada no programa da “Noite Branca”, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

Fotos: A.R.

Máis información e fotos sobre a V Noite Aberta:
https://osil.info/a-v-noite-branca-acende-o-comercio-e-a-hostalaria-barquense-ao-ritmo-de-charangas-e-degustacions/

Artigos relacionados

Back to top button